Close

INNDAGA

QUÉ É INNDAGA?

É unha plataforma para a realización de traballos oceanográficos en zonas costeiras, desenvolta sobre unha embarcación de 8,5 m de eslora.

 

O seu casco combina unha estrutura ríxida mergullada de pouco calado e un flotador pneumático de alta resistencia, o que lle confire unha gran flexibilidade nas manobras. Isto permite operar de forma segura a INNDAGA, en zonas onde outros buques oceanográficos non poden acceder (zonas rochosas, portuarias…)

Conta ademais cunha cabina pechada que alberga as consolas de instrumentación cientifica, pemitiendo unha actividade normal e segura con equipos sensibles mesmo en condicións ambientais adversas, ademas a presenza dun xerador de 3 KVA, que concede autonomía eléctrica (220/12V) a toda la plataforma.

A INNDAGA integra ademais un pequeno guindastre con capacidade de carga de ata 200 kg, que facilita o manexo de instrumental científico de pequeno tamaño.

  • Determinación da calidade de fondo.
  • Elaboración de batimetrías e cartografías de detalle.
  • Definición de espesor e tipo de sedimento
  • Caracterización de condicions oceanográficas en áreas submareais
  • Seguemiento e control de calidade en operaciones de dragados
  • Evaluación de estabilidade de obras marítimas e movimiento de bloques
  • Localización e posicionamento de estructuras e obxetos mergulados

INNDAGA está equipado con instrumentación científica de alto rendemento no mercado.

  • Sistema de posicionamento DGPS Trimble SPS
  • Sonar de Varrido Lateral Klein 3900
  • Sonar Multifeixe Kongsberg GS+
  • Ecosonda Innomar Compact 2000
  • Testificador UWITEC ( Tubos de 60 y 120 cm)
  • Draga Van Veen (Capacidad 500 cm2)
  • Botellas Niskin
  • CTD s XRX- 620 y SBE 37-SMP MicroCAT
  • Sonda Multiparamétrica portátil YSI

Trátase dun soar de varrido lateral dixital de moi alta resolución. O modelo ten unha capacidade de dobre frecuencia, unha en 445 kHz que ofrece rangos e resolucións excelentes e unha en 900 kHz que ofrece unha resolución maior dos obxectivos identificados.

Conta cun rango de varrido de ata 150 metros a baixa e de 50 metros a alta resolución. Ademais permite a caracterización do fondo mariño e así como a procura e recuperación de obxectos mergullados

Perfilador de fondo. Traballa a profundidades menores de 400 m e cunha penetración no sedimento de ata 40 m e con resolución vertical de 5 cm. Permite a realización de perfís de fondo de alta resolución e penetración no leito mariño.

 

Trátase dun soar multihaz moi versátil, ideal para traballar en embarcacións pequenas e que ofrece simultaneamente un varrido batimétrico e un mapeado side scan do leito mariño.

 

Pode traballar a 3 frecuencias diferentes (125, 250, 500 kHz) e ofrece unha cobertura que pode alcanzar ata 12 veces a profundidade.

 

Xera imaxes do fondo de alta fidelidade permitindo a posterior elaboración de cartografías e batimetrías con resolución centimétrica

 

Toma de testemuñas estratificados, así como mostras de sedimento superficial do leito mariño ou de auga procedente da columna.

 

Equipamento para a mostraxe e medida de parámetros oceanográficos da columna de auga, como Tª, pH, Osíxeno disolto, presión, turbidez, velocidade e dirección da corrente na columna de auga.

Para navegación e procesado xeofísico: CARIS, DELPHSONAR, HYPACK, ARCIS, SURFER,

Para máis información descarga o tríptico de Inndaga