É unha plataforma para a realización de traballos oceanográficos en zonas costeiras, desenvolta sobre unha embarcación de 8,5 m de eslora.
O seu casco combina unha estrutura ríxida mergullada de pouco calado e un flotador pneumático de alta resistencia, o que lle confire unha gran flexibilidade nas manobras. Isto permite operar de forma segura a INNDAGA, en zonas onde outros buques oceanográficos non poden acceder (zonas rochosas, portuarias…)
Conta ademais cunha cabina pechada que alberga as consolas de instrumentación cientifica, pemitiendo unha actividade normal e segura con equipos sensibles mesmo en condicións ambientais adversas, ademas a presenza dun xerador de 3 KVA, que concede autonomía eléctrica (220/12V) a toda la plataforma.
A INNDAGA integra ademais un pequeno guindastre con capacidade de carga de ata 200 kg, que facilita o manexo de instrumental científico de pequeno tamaño.
INNDAGA está equipado con instrumentación científica de alto rendemento no mercado.
Trátase dun soar de varrido lateral dixital de moi alta resolución. O modelo ten unha capacidade de dobre frecuencia, unha en 445 kHz que ofrece rangos e resolucións excelentes e unha en 900 kHz que ofrece unha resolución maior dos obxectivos identificados.
Conta cun rango de varrido de ata 150 metros a baixa e de 50 metros a alta resolución. Ademais permite a caracterización do fondo mariño e así como a procura e recuperación de obxectos mergullados
Perfilador de fondo. Traballa a profundidades menores de 400 m e cunha penetración no sedimento de ata 40 m e con resolución vertical de 5 cm. Permite a realización de perfís de fondo de alta resolución e penetración no leito mariño.
Trátase dun soar multihaz moi versátil, ideal para traballar en embarcacións pequenas e que ofrece simultaneamente un varrido batimétrico e un mapeado side scan do leito mariño.
Pode traballar a 3 frecuencias diferentes (125, 250, 500 kHz) e ofrece unha cobertura que pode alcanzar ata 12 veces a profundidade.
Xera imaxes do fondo de alta fidelidade permitindo a posterior elaboración de cartografías e batimetrías con resolución centimétrica
Toma de testemuñas estratificados, así como mostras de sedimento superficial do leito mariño ou de auga procedente da columna.
Equipamento para a mostraxe e medida de parámetros oceanográficos da columna de auga, como Tª, pH, Osíxeno disolto, presión, turbidez, velocidade e dirección da corrente na columna de auga.
Para máis información descarga o tríptico de Inndaga